Friday 10 de May de 2024

O desfile de Entroido que realizará este venres o alumnado do CEIP Otero Pedrayo implicará retencións puntuais do tráfico na Avenida Fisterra


O acto inclúe unha actuación na Praza do Concello.

O CEIP Otero Pedrayo da Laracha celebrará este venres o seu festival de Entroido no que se agarda unha participación multitudinaria por parte do alumnado.
Neste ano o novidoso programa contempla un desfile desde o propio centro de ensino e ata a Praza do Concello, onde realizarán unha actuación por espazo de media como acto central. A continuación, regresarán ao colexio.

Con motivo da celebración do evento, este venres pola mañá haberá alteracións do tráfico rodado nas rúas próximas ao colexio e retencións puntuais na Avenida Fisterra desde a confluencia coa rúa Santa Lucía e ata a Praza do Concello. Ditas retencións serán, previsiblemente, entre as 10:30 e as 11:15 horas no carril en dirección A Coruña e entre as 12:00 e as 12:30 horas no carril en dirección Carballo.

A Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Laracha acompañará en todo momento o desfile para garantir a seguridade viaria dos participantes e advertir aos condutores sobre as alteracións do tráfico.